Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 15, 2022

2º día en Madrid

Imaxe
  Moi boas: pois outro día intenso. Vinteún quilómetros andamos onte e 20 levamos hoxe cando escribimos estas liñas, segundo unha aplicación que usa algunha das nosas estudantes. Hoxe resumiremos un pouquiño máis que onte: - Mañán no Reina Sofía, disfrutando dun luxo de visita guiada ao Guernica e ao mundo convulso dos anos 30 do século XX. Non puidemos evitar, vendo o cadro, pensar nos 40 conflitos armados que hai no mundo nestes momentos. Tamén Eduardo, extraordinario guía, axudounos a reflexionar sobre o porqué de non estudar arte africano, asiático e latinoamericano nos nosos plans de estudo, ou por que non hai xenios da pintura de raza negra ou mulleres. Quen marca o canon do que é xenial ou non na historia da arte? - Despois comezamos un paseo que nos levou polo barrio das letras primeiro, despois disfrutamos das vistas de Madrid desde a azotea do Círculo de Belas Artes, percorremos Chueca e Malasaña... Polo camiño, edificios barrocos, rococós, neoclásicos, neogóticos, modernista