Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 16, 2022

Último día

Imaxe
  Moi boas. Terceiro e último día de viaxe. Hoxe dedicámonos ao Madrid dos Austrias e a intentar ver algunhas cousiñas que nos quedaron sen ver os dous primeiros días. - Comezamos na Calle Mayor, que une Sol co Palacio Real e que nos permitiu entender como se artellou o urbanismo no Madrid que se converte en capital da Monarquía Hispánica en 1561.  Tamén a Praza Maior deunos para falar do concepto de praza dos Borbóns do século XVIII; e a Praza da Villa para admirar a Torre de Lujanes, despois de entrar nunha espléndida e pequeniña igrexa barroca. - Máis adiante a Igrexa catedral castrense, a catedral da Almudena e o Palacio Real e as magníficas vistas que permiten o seu mirador. - Un pouco frustrados por non poder ver a HAKA dos All Blacks -imposible ver nada en semellante aglomeración-, recuperamos a enerxía cos Xardíns de Sabatini e visitando o Templo de Debod, a praza de España e a Gran Vía. - E rematamos comendo no Retiro, fermoso e moi animado hoxe, festivo en Madrid -aínda que n