Publicacións

Último día

Imaxe
  Moi boas. Terceiro e último día de viaxe. Hoxe dedicámonos ao Madrid dos Austrias e a intentar ver algunhas cousiñas que nos quedaron sen ver os dous primeiros días. - Comezamos na Calle Mayor, que une Sol co Palacio Real e que nos permitiu entender como se artellou o urbanismo no Madrid que se converte en capital da Monarquía Hispánica en 1561.  Tamén a Praza Maior deunos para falar do concepto de praza dos Borbóns do século XVIII; e a Praza da Villa para admirar a Torre de Lujanes, despois de entrar nunha espléndida e pequeniña igrexa barroca. - Máis adiante a Igrexa catedral castrense, a catedral da Almudena e o Palacio Real e as magníficas vistas que permiten o seu mirador. - Un pouco frustrados por non poder ver a HAKA dos All Blacks -imposible ver nada en semellante aglomeración-, recuperamos a enerxía cos Xardíns de Sabatini e visitando o Templo de Debod, a praza de España e a Gran Vía. - E rematamos comendo no Retiro, fermoso e moi animado hoxe, festivo en Madrid -aínda que n

2º día en Madrid

Imaxe
  Moi boas: pois outro día intenso. Vinteún quilómetros andamos onte e 20 levamos hoxe cando escribimos estas liñas, segundo unha aplicación que usa algunha das nosas estudantes. Hoxe resumiremos un pouquiño máis que onte: - Mañán no Reina Sofía, disfrutando dun luxo de visita guiada ao Guernica e ao mundo convulso dos anos 30 do século XX. Non puidemos evitar, vendo o cadro, pensar nos 40 conflitos armados que hai no mundo nestes momentos. Tamén Eduardo, extraordinario guía, axudounos a reflexionar sobre o porqué de non estudar arte africano, asiático e latinoamericano nos nosos plans de estudo, ou por que non hai xenios da pintura de raza negra ou mulleres. Quen marca o canon do que é xenial ou non na historia da arte? - Despois comezamos un paseo que nos levou polo barrio das letras primeiro, despois disfrutamos das vistas de Madrid desde a azotea do Círculo de Belas Artes, percorremos Chueca e Malasaña... Polo camiño, edificios barrocos, rococós, neoclásicos, neogóticos, modernista

Primer día en Madrid

Imaxe
  Sábado 14 de maio. Moi boas desde Madrid. Que día máis intenso. En resume: - Disfrutamos paseando o Paseo do Prado, Neptuno, Cibeles... A continuación, visitamos o Museo do Prado centrándonos na obra de Goya. Que emoción sentimos coas pinturas negras e os seus grandes cadros de historia. - Despois de comer o mítico bocata de calamares en "El brillante", descansamos un pouco para afrontar a tarde. - Pola tarde foi tempo de visitar a Rede Interlavapiés. Maite, Pape, Cheik e Elhaji explicáronnos este fermoso proxecto no que distintas asociacións do barrio colaboran para afrontar os problemas comunitarios e persoais, con especial atención ás persoas migrantes, ás que consideran veciños e irmáns, e defenden con valentía. Musulmáns, católicos, ateos... Españois, bangladesíes, senegaleses, marroquíes... son capaces de colaborar en favor do ben común. Grazas por invitarnos a shabi, grazas por construír esperanza e solidariedade no mundo. - E para rematar, recibiunos na súa casa Enr