Último día

 Moi boas.

Terceiro e último día de viaxe.

Hoxe dedicámonos ao Madrid dos Austrias e a intentar ver algunhas cousiñas que nos quedaron sen ver os dous primeiros días.

- Comezamos na Calle Mayor, que une Sol co Palacio Real e que nos permitiu entender como se artellou o urbanismo no Madrid que se converte en capital da Monarquía Hispánica en 1561. 

Tamén a Praza Maior deunos para falar do concepto de praza dos Borbóns do século XVIII; e a Praza da Villa para admirar a Torre de Lujanes, despois de entrar nunha espléndida e pequeniña igrexa barroca.

- Máis adiante a Igrexa catedral castrense, a catedral da Almudena e o Palacio Real e as magníficas vistas que permiten o seu mirador.

- Un pouco frustrados por non poder ver a HAKA dos All Blacks -imposible ver nada en semellante aglomeración-, recuperamos a enerxía cos Xardíns de Sabatini e visitando o Templo de Debod, a praza de España e a Gran Vía.

- E rematamos comendo no Retiro, fermoso e moi animado hoxe, festivo en Madrid -aínda que non para milleiros e milleiros de persoas, moitas migrantes, que seguían traballando alá por onde pasamos-.

Despois un pouco de tempo libre e volta para Santiago en tren.

Vimos contentos e agradecidos por esta gran oportunidade de aprender, reflexionar, cuestionarnos, convivir e medrar en amizade.

Moitas grazas por seguirnos.

Ata sempre!

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Primer día en Madrid

2º día en Madrid