Primer día en Madrid

 Sábado 14 de maio.

Moi boas desde Madrid.

Que día máis intenso.

En resume:

- Disfrutamos paseando o Paseo do Prado, Neptuno, Cibeles... A continuación, visitamos o Museo do Prado centrándonos na obra de Goya. Que emoción sentimos coas pinturas negras e os seus grandes cadros de historia.

- Despois de comer o mítico bocata de calamares en "El brillante", descansamos un pouco para afrontar a tarde.

- Pola tarde foi tempo de visitar a Rede Interlavapiés. Maite, Pape, Cheik e Elhaji explicáronnos este fermoso proxecto no que distintas asociacións do barrio colaboran para afrontar os problemas comunitarios e persoais, con especial atención ás persoas migrantes, ás que consideran veciños e irmáns, e defenden con valentía. Musulmáns, católicos, ateos... Españois, bangladesíes, senegaleses, marroquíes... son capaces de colaborar en favor do ben común.

Grazas por invitarnos a shabi, grazas por construír esperanza e solidariedade no mundo.

- E para rematar, recibiunos na súa casa Enrique Martínez Reguera, un home que é un referente extraordinario para moitas as persoas que dedican a súa vida aos mozos e mozas.

Corenta anos acollendo na súa casa a menores que ninguén quería acoller. 

Bagoas nos ollos das nosas rapazas e rapaces ao descubrir a unha persoa vocacionada. Unha vida entregada á infancia abandoada.

Que considera Enrique fundamental para que sexamos felices?

Encontrar a nosa vocación e entregarnos apaixoadamente nela.

E grazas por ensinarnos a túa arte e o teu talento artístico, que fala tanto da túa vida e sensibilidade.

E non rematou o día: agora queda un concerto na Praza Maior -unha horiña, que hai que coller forzas para mañán-.

Grazas por seguirnos.

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Último día

2º día en Madrid